Loading sub-menu...

Manual de configuración de softphones

Softphones recomendados

Para poder configurar un softphone precísase un usuario e contrasinal para o seu número de teléfono. Se non dispón deles pode solicitalos enviando un email a support@campusdomar.es

Para Windows, Linux ou Mac

X-Lite:

Unha vez instalado o programa, cando o execute por primeira vez atoparase a seguinte imaxe:

Pulsando en “Softphone” verá o seguinte menú:

Seleccione “Account Settings” para configurar a súa conta:

Debe encher os apartados cos seguintes datos:

  • En “Account name” poña o nome co que queira identificar a conta.
  • En “User ID” y “Authorization Name” escriba o nome de usuario que se lle facilitou.
  • En “Domain” escriba a dirección IP: 193.145.246.15
  • En “Display Name” escriba o número de teléfono asociado. Fórmase co prefixo 986 e o seis últimos díxitos do seu User ID.
  • En “Domain Proxy” active a caixa de rexistro e cambie a vía de saída a Proxy escribindo na dirección o IP: 193.145.246.15

Unha vez completados todos os campos, prema OK e terá unha pantalla como esta e o softphone estará listo para usar:

Para Android

CSipSimple:

Unha vez descargada a aplicación ao executala apareceralle unha pantalla coma esta:

Prema en “Engadir unha conta” que lle levará á seguinte pantalla:

Seleccione como asistente a opción “Basic”

Enche os campos cos seguintes datos:

  • Nome da conta: Poña o nome co que queira identificar a conta
  • Usuario: O usuario que se lle facilitou para o seu rexistro
  • Servidor: A dirección IP 193.145.246.15
  • Contrasinal: O contrasinal que se lle facilitou

Unha vez estean todos os datos completos pulse “Gardar”. A conta apareceralle como rexistrada.

Agora debemos facer un cambio na configuración. Pulsamos na esquina superior dereita, nos tres cadrados ou no botón de menú do dispositivo

Vaia a Settings

Agora pulse en Media

Seleccione a opción Codecs

Debe desactivar todos os codecs excepto PCMU e PCMA tanto na opción “rápida” como na opción “lenta”. Para desactivalos só ten que pulsar encima do codec.

Unha vez acabase xa estará listo para usar o softphone


Idioma: Español | Inglés
Page Index

Site Index

Skip to end of metadata
Go to start of metadata