Loading sub-menu...

6. Suxestións de uso

  • É fundamental empregar auriculares, preferiblemente con micrófono incorporado.
  • Asegúrese de que os auriculares e o micrófono funcionan correctamente antes de iniciar a aplicación para descartar que non estean conectados correctamente.
  • O uso de conexións inalámbricas pode facer que a conexión empeore. Recomendase evitar o seu uso.
  • Aconséllase manter unha rolda ordenada para a participación dos usuarios, empregando a función dedicada representada pola icona coa man levantada e esperando a que o anfitrión ou o presentador dea paso a nosa intervención.
  • Aconséllase ter o micrófono desactivado nos momentos nos que sexa necesario para evitar ruídos ambientais, que poidan distraer á persoa que estea a intervir nese momento.
  • No caso de que se produzan retardos é importante deixar un tempo para que o outro usuario poida escoitar a nosa intervención antes de volver formular unha pregunta ou comentario.
  • Evite situarse en localizacións nas que a cámara estea de fronte a unha xanela ou unha fonte de moita luz. Isto fai que a imaxe apareza máis escura e pode facer que a imaxe da persoa apenas se perciba.
  • Evitar por o son demasiado forte nos auriculares. Nalgúns casos o micrófono pode chegar a captar ese son e producir ecos.

Idioma: Español | Inglés
Site search
Page Index

Site Index

Skip to end of metadata
Go to start of metadata