Por defecto como participante non ten a opción de enviar a presentación, pero o anfitrión pode solicitarllo. Apareceranlle entón as seguintes mensaxes en pantalla. Na esquina superior dereita: E na esquina inferior dereita: Pulsando en Start en calquera das dúas xanelas comenzará a compartir o seu escritorio. Abrirase unha xanela amosando as opcións a compartir: a pantalla do seu PC, algunhas das aplicacións seleccionadas, ou algunhas xanelas correspondentes a diversas aplicacións. As xanelas ou aplicacións a compartir deben estar abertas previamente á selección onde son compartidas para que nos aparezan listadas. Despois de seleccionalas deberemos mantelas maximizadas para que o resto dos participantes poidan visualizalas. Se as minimizamos deixarán de velas. Para finalizar a presentación, debe seleccionar Stop Sharing (en calquera dos dous botóns). |
Idioma: Español | InglésSite searchPage IndexSite Index |
Loading sub-menu...
4. Iniciar presentación |