Loading sub-menu...

4. Iniciar presentación

Por defecto como participante non ten a opción de enviar a presentación, pero o anfitrión pode solicitarllo. Apareceranlle entón as seguintes mensaxes en pantalla. Na esquina superior dereita:

E na esquina inferior dereita:

Pulsando en Start en calquera das dúas xanelas comenzará a compartir o seu escritorio. Abrirase unha xanela amosando as opcións a compartir: a pantalla do seu PC, algunhas das aplicacións seleccionadas, ou algunhas xanelas correspondentes a diversas aplicacións. As xanelas ou aplicacións a compartir deben estar abertas previamente á selección onde son compartidas para que nos aparezan listadas.

Despois de seleccionalas deberemos mantelas maximizadas para que o resto dos participantes poidan visualizalas. Se as minimizamos deixarán de velas.

Para finalizar a presentación, debe seleccionar Stop Sharing (en calquera dos dous botóns).


Idioma: Español | Inglés
Site search
Page Index

Site Index

Skip to end of metadata
Go to start of metadata