Como participante por defecto non ten activada a posibilidade de compartir voz e vídeo. Son privilexios que outorga o anfitrión. Para intervir, pode solicitar turno de palabra pulsando a icona do moneco coa man levantada que se atopa na parte superior da xanela. Se desprega o menú coa frecha ó lado desa icona, pode cambiar o seu Status ou mostrar a súa opinión sobre a reunión ou algún tema que se estea a debater. Se o anfitrión lle da permiso de vídeo, na barra superior aparecerá a icona dunha cámara e na xanela de vídeo aparecerá a mensaxe: Start My Webcam. Para activar o vídeo faga clic no botón Start My Webcam o na icona da cámara situada na zona superior da xanela. Pediralle confirmación para compartir a imaxe do seu equipo (se non lla pediu previamente o Asistente de audio) e amosaralle unha vista previa. Cando teña axustado o seu gusto a imaxe debe darlle a Start Sharing para compartila co resto de participantes. A continuación aparecerá a imaxe da sua cámara xunto coas imaxes do resto de participantes (se xa as activaron). Se o anfitrión activa o audio aparecerá unha icona dun micrófono na barra superior, o símbolo dun micrófono ó lado do seu nome na lista de participantes e a seguinte mensaxe: Para empezar a falar co resto de participantes debe conectar o audio pulsando o símbolo do micrófono que se atopa na parte superior da xanela, cambiando a cor verde. Se o micrófono capta sinal correctamente amosará unhas ondas na icona superior e tamén activarase a icona do micrófono na lista de participantes a carón do noso usuario. Se volvemos pulsar sobre a icona do micrófono, este desactivarase e a icona pasará a estar tachada. Para volver activalo, simplemente volveremos a premer na mesma icona. Se desprega as opcións mediante a frecha situada xunto o micrófono pode seleccionar Adjust Microphone Volume… Ahi amosaráselle un indicador en forma de vúmetro co nivel de son e pode subilo ou baixalo. Se o vúmetro non amosara sinal comprobe que o micrófono está ben seleccionado e que funciona correctamente. |
Idioma: Español | InglésSite searchPage IndexSite Index |
Loading sub-menu...
3. Iniciar cámara y voz |