É fundamental empregar auriculares, preferiblemente con micrófono incorporado.
Asegúrese de que os auriculares e o micrófono funcionan correctamente antes de iniciar a aplicación para descartar que non estean conectados correctamente.
O uso de conexións inalámbricas pode facer que a conexión empeore. Recomendase evitar o seu uso.
Aconséllase manter unha rolda ordenada para a participación dos usuarios, empregando a función dedicada representada pola icona coa man levantada e esperando a que o anfitrión ou o presentador dea paso a nosa intervención.
Aconséllase ter o micrófono desactivado nos momentos nos que sexa necesario para evitar ruídos ambientais, que poidan distraer á persoa que estea a intervir nese momento.
No caso de que se produzan retardos é importante deixar un tempo para que o outro usuario poida escoitar a nosa intervención antes de volver formular unha pregunta ou comentario.
Evite situarse en localizacións nas que a cámara estea de fronte a unha xanela ou unha fonte de moita luz. Isto fai que a imaxe apareza máis escura e pode facer que a imaxe da persoa apenas se perciba.
Evitar por o son demasiado forte nos auriculares. Nalgúns casos o micrófono pode chegar a captar ese son e producir ecos.