Loading sub-menu...

4. Iniciar presentación

Na xanela inferior pode compartir o seu escritorio ou algún documento co resto de participantes da reunión. Para activar esta función ten que facer clic na opción Share My Screen.

Despregando o menú anexo poderá seleccionar a opción:

  • Share My Screen que lle permitirá compartir a pantalla do seu PC, algunhas aplicacións seleccionadas, o algunhas xanelas correspondentes a diversas aplicacións. As xanelas ou aplicacións que desexe compartir deben estar abertas previamente á selección de aplicacións que aparecerán listadas dentro desta función de Adobe Connect.


Despois de seleccionalas deberemos mantelas maximizadas para que o resto dos participantes poidan visualizalas. Se as minimizamos as deixarán de ver.

  • Share Document que lle permitirá cargar un documento na aplicación e mostralo dende a mesma (so se poden cargar os formatos de ficheiro compatibles). Para comprobar que a conversión foi correcta, recoméndase visualizar todo o documento unha vez termina a subida (tipo de letra, formato das imaxes, etc.). Neste caso a opción recomendada é converter o documento a pdf antes de subilo.


Tras seleccionar o ficheiro que queremos compartir comenzará o procesado por parte da aplicación.


Cando a subida se complete, amosarase o ficheiro e na parte superior aparecerá o menú de opcións do mesmo. Podemos realizar anotacións ou remarcar partes do documento coa opción Draw. Co botón que se atopa na dereita activaremos o punteiro. Facendo clic sobre unha parte do documento, o punteiro situarase nesa posición e o resto de participantes poderán velo nesa posición. Stop Sharing detén a presentación. Full Screen cambia o modo de visualización a pantalla completa.

  • Share Whiteboard permite abrir un cuadro branco no que os presentadores poden realizar conxuntamente esquemas ou realizar explicacións.

Para suprimir unha parte do esquema, seleccionaremos a parte que queremos eliminar e premeremos na icona de borrado, tal e como amosa a seguinte imaxe:


Para cargar outro documento, independentemente do usuario, debe seleccionar Stop Sharing (con calquera dos dous botóns), volvendo á configuración anterior onde aparece a opción Share My Screen, volvendo a realizar o mesmo proceso.


Idioma: Español | Inglés
Site search
Page Index

Site Index

Skip to end of metadata
Go to start of metadata