Loading sub-menu...

3. Iniciar cámara e voz

Pode axustar as opcións avanzadas premendo co botón dereito na xanela onde aparecen as imaxes dos participantes, sobre a zona agrisada. Na lapela Visualización active a aceleración de hardware. En Privacidad marque a casilla recordar se quere que non lle pida confirmación a próxima vez que comparta a súa cámara e o son. En Almacenamiento local seleccione o valor máximo (ilimitado). Na lapela Micrófono asegúrese (empregando o medidor de audio que se lle amosa) que ten seleccionado o micrófono dos auriculares e que o nivel non chega ó valor vermello facendo un uso habitual. Na lapela Cámara, no caso de dispor de máis dunha, seleccione cal desexa utilizar.

Volvendo á pantalla principal, pasaremos a activar o noso vídeo e o noso audio para poder comenzar a comunicarnos co resto de participantes. Faga clic no botón Start My Webcam ou na icona da cámara situado na zona superior da xanela.

Pediralle confirmación  para compartir a imaxe do seu equipo (se non lla pediu durante o Asistente de audio) e amosaralle unha vista previa. Cando teña axustado a imaxe debe premer en Start Sharing para compartila co resto de participantes.

A continuación aparecerá a imaxe da súa cámara xunto con las imaxes do resto de participantes (se xa as activaron).

Para empezar a falar co resto de participantes debe conectar o audio premendo o símbolo do micrófono que se atopa na parte superior da xanela, cambiando a cor verde, igual que fixo co da cámara. 

Se o micrófono capta sinal correctamente amosará unhas ondas na icona superior e tamén activarase a icona do micrófono na lista de participantes a carón do noso usuario.

Se volvemos pulsar sobre a icona do micrófono, este desactivarase e a icona pasará a estar tachada. Para volver activalo, simplemente volveremos a premer na mesma icona.

Se desprega as opcións mediante a frecha situada xunto o micrófono pode seleccionar Adjust Microphone Volume… Ahi amosaráselle un indicador en forma de vúmetro co nivel de son e pode subilo ou baixalo. Se o vúmetro non amosara sinal comprobe que o micrófono está ben seleccionado e que funciona correctamente. 

Un anfitrión de reunión pode cambiar os privilexios de cada participante segundo crea conveniente; pode solicitar permiso para intervir pulsando a icona do boneco coa man levantada que se atopa tamén na parte superior da xanela). Despregando o menú coa frecha xunto esta icona, pode cambiar o seu Status ou mostrar a sua opinión sobre a reunión ou sobre algún tema que se estea a debater.


Idioma: Español | Inglés
Site search
Page Index

Site Index

Skip to end of metadata
Go to start of metadata