O primeiro que ten que facer sempre que inicie unha nova reunión é lanzar o asistente de configuración de audio. Esta opción atópase dentro do menú Meeting, no submenú Audio Setup Wizard. Aparecerá o seguinte asistente de configuración. Prema en Next para continuar: Paso 1: Reproducción de audio: O son debería reproducirse nos auriculares para confirmar que están conectados correctamente. Consulte a axuda en caso de que non se reproduza correctamente o son. Paso 2: Selección do micrófono: Debe seleccionar o dispositivo que vai empregar. Entre as opcións habituais adoita aparecer, o micrófono integrado se o PC dispón del, o micrófono da cámara se se trata dunha cámara non integrada no PC, a entrada de micrófono estándar (adoita estar na parte frontal ou na parte traseira, dependendo de cal estea habilitada ou nun dos conectores próximos ó dos auriculares). Os micrófonos integrados ou das webcams poden non ser a mellor opción xa que adoitan captar máis ruído do noso entorno e pode que non nos escoiten claramente. No caso de non dispor de outro, é importante corroborar mediante o seguinte paso, ou mediante a opinión doutros participantes, que o noso audio se recibe correctamente. Paso 3: Gravación de audio: Preme Record para iniciar unha gravación de proba. Para comprobar a calidade do son e o volume do noso micrófono, procederemos a detela e reproducila. É probable que se nos amose unha mensaxe como a que sigue, solicitándonos acceso ó audio do noso micrófono (e posteriormente tamén dará acceso á imaxe da nosa cámara). Paso 4: Test de ruído: Neste paso a aplicación analiza o audio ambiente que capta polo micrófono. Para este paso simplemente nos manteremos en silencio mentres a barra de progreso se completa. Para finalizar o asistente amosarásenos unha xanela con unha mensaxe indicando que o asistente foi completado satisfactoriamente. Nesa xanela preséntanse os valores da configuración seleccionados (micrófono, características de audio e de ruído). |
Idioma: Español | InglésSite searchPage IndexSite Index |
Loading sub-menu...
2. Configuración de audio |