Loading sub-menu...

JIRA - help

Skip to end of metadata
Go to start of metadata
You are viewing an old version of this page. View the current version. Compare with Current  |   View Page History

Que é JIRA?


  • JIRA é unha aplicación web que permite o seguimento de incidencias e a xestión operativa de proxectos. Tamén se utiliza en áreas non técnicas para a administración de tarefas.
    • Permite crear tarefas relacionadas cun proxecto, asignarllas a unha persoa e realizar un seguimento para coñecer en que estado se atopan en calquera momento.
    • Accede ás túas tarefas asignadas e actualízaas de maneira moi sinxela.
    • Adxunta ficheiros e engade comentarios ás tarefas.

Termos básicos


  • Conceptos xerais:

    • Que é un "Project" (Proxecto)?
      JIRA chama "Project" ao conxunto de tarefas relacionadas entre si mediante un nexo común, resumido no nome do proxecto.
    • Que é unha "Issue" (Tarefa)?
      JIRA chama "Issues" ás diferentes tarefas que se están levando a cabo relacionadas cun proxecto.
    • Que é un "Comment" (Comentario)?
      JIRA chama "Comment" a cada un dos apuntamentos que facemos nunha tarefa. Estes apuntamentos son fundamentais para deixar constancia do traballo realizado, facer suxerencias, detallar as seguintes accións no momento de asignar a devandita tarefa a outra persoa, etc.
  • Sobre persoas:

    • Que é un "Assignee"?:
      "Assignee" é a persoa que ten asignada unha tarefa en cada momento. A persoa que ten asignada unha tarefa recibe notificacións por email de todas as accións realizadas sobre esa tarefa mentres a ten asignada. Unha tarefa só pode estar asignada a unha persoa simultaneamente.
    • Que é un "Reporter"?:
      "Reporter" é a persoa que crea a tarefa, a quen as diferentes persoas ás que se lles vai asignando a tarefa deben informar dos seus progresos. O reporter dunha tarefa recibe notificacións por email de todas as actividades realizadas na devandita tarefa.
    • Que é un "Watcher"?:
      Opcionalmente unha ou varias persoas poden "subscribirse" como "watchers" dunha tarefa que desexan supervisar. Os watchers dunha tarefa reciben notificacións por email de todos os progresos das tarefas que están observando.
  • Estados das tarefas:

    • "Aberta": o Assignee está realizando a tarefa.
    • "Resolta": o Assignee resolveu a tarefa. Este debe asignarlla de volta ao Reporter e agardar a que este confirme o peche da mesma.
    • "Pechada": o Reporter comprobou a resolución da tarefa e pechouna.

Primeiros pasos:


  • Como acceder aos meus proxectos:

  • Como acceder a unha tarefa (dentro dun proxecto):

  • Como escribir un comentario nunha tarefa:

  • Como adxuntar ficheiros a unha tarefa:

    • Paso-1

    • Paso-2


Idioma: Español | Inglés
Site search

Page Index

Site Index
Labels:
None
Enter labels to add to this page:
Please wait 
Looking for a label? Just start typing.