
A continuación, describirase como realizar operacións básicas con arquivos desde esta plataforma. Subida de arquivosNa parte superior do panel principal, existe unha opción que permite engadir ficheiros: "Upload" ou "Subir". Poderemos engadir calquera arquivo, obténdoo desde un servidor remoto ou buscándoo no noso equipo. O tamaño máximo de arquivo que se pode subir mediante este procedemento é de 1.95Gb. Eliminación de arquivosNa parte superior do panel principal, atoparemos a opción "Suprimir" ou "Delete", que serve para eliminar os ficheiros desexados. Para iso, seleccionaremos o arquivo a eliminar e, a continuación, actívase a opción "Suprimir". Esta operación provocará que os ficheiros pasen do lugar no que se atopan á papeleira de reciclaxe (Trash). Para que os ficheiros desaparezan totalmente da aplicación, deben eliminarse da Papeleira de Reciclaxe. Para iso, a través do panel da esquerda, accederemos á papeleira, seleccionaremos o ficheiro desexado e executaremos a orden de eliminar. Mover ou copiarSituámonos no ficheiro desexado e no panel superior accionamos a tecla correspondente de acordo coa operación que desexemos realizar, "Copy" ou "Move". A continuación, amosarase a árbore de directorios para escoller o lugar ao que queremos mover ou copiar o ficheiro. RenomearA opción "Rename" permite cambiar o nome dun ficheiro. Para iso, seleccionaremos o ficheiro desexado e activaremos a opción "Rename". O nome do ficheiro farase "editable" para poder escribir o novo. Saberemos que o cambio de nome se realizou correctamente por dúas razóns: porque a aplicación nos informará do cambio realizado e porque na pantalla aparecerá o ficheiro co novo nome. |
Idioma: Español | EnglishSite searchPage IndexSite Index |