Loading sub-menu...

Manual do teléfono Grandstream GXP1450

Guía rápida do teléfono Grandstream GXP1450


Transferencia


Para transferencia directa (sen falar coa persoa à que transferimos a chamada):
  1. Recibes a chamada
  2. Preme #
  3. Marca o número de destino ou selecciónao na axenda
  4. Preme #
  5. A chamada foi transferida. Xa podes colgar o teléfono.
Para transferencia asistida (cando falamos co receptor da transferencia):
  1. Recibes ou fas a chamada
  2. Preme o botón TRANSFER
  3. Marca o número de destino ou selecciónao na axenda
  4. Preme #
  5. Fala coa persoa á que queres transferir a chamada
  6. Agora podes colgar directamente ou premer TRANSFER. Nos dous casos a chamada será transferida.

Para recuperar a chamada cando a persoa que a debe recibir non responde (transferencia asistida)

  1. Preme * (para cancelar a chamada de saída)
  2. Preme a tecla da liña activa (aquela que parpadea)

Teclas


  • Axusta o volume do altofalante no auricular de man, mans libres, auriculares ou timbre de chamada.
  • Permite descolgar a chamada empregando directamente os auriculares e intercambiar o uso entre os auriculares e o altofalante.
  • Silencia o micrófono do auricular ou mans libres (o interlocutor non escoita do que se está a falar)
  • Activa ou desactiva o uso do auricular de man e pode usarse tamén como tecla de envío ou rechamada
  • Activa ou desactiva o uso do mans libres
  • La tecla central permite a entrada ó menú de configuración do teléfono. Se estamos dentro do menú, as outras teclas nos permiten navegar por el e a tecla central funciona para confirmar.
    • A tecla arriba (fora do menú) amósanos as chamadas perdidas
    • A tecla dereita (fora do menú) amósanos as chamadas recibidas
    • A tecla abaixo (fora do menú) amósanos as chamadas realizadas
    • A tecla esquerda permítenos volver atrás para volver á pantalla inicial do teléfono

Axenda


Premendo na tecla accédese á axenda. Se non hai ningún número gardado só aparecerán as opcións de menú da axenda.

Gardar números

  1. Para gardar un novo contacto na axenda seleccione "Nova entrada"
  2. Preme a tecla OK.
  3. Seleccione o campo no que introducir os datos (Nome, apelido, número) e preme OK
  4. Unha vez completados os datos seleccione "Confirmar Dir" e preme OK
  5. O novo contacto foi introducido na axenda correctamente. Ó entrar nela aparecerán os contactos por orde alfabética.

Idioma: Español | Inglés
Site search

Page Index

Site Index

Skip to end of metadata
Go to start of metadata