Loading sub-menu...

Manual do Teléfono Aastra 6731i

Guía rápida do teléfono 6731i


Teclas de función


  • Configuración:

    • Menú de configuración e personalización do teléfono.
  • Chamadas:

    • Lista das 200 últimas chamadas recibidas (perdidas e contestadas).
  • Conferencia:

    • Retén a chamada actual e inicia a conferencia cun terceiro interlocutor.
  • Transferencia:

    • Retén a chamada actual e transfírea a un terceiro interlocutor.
  • Liñas L1/L2:

    • Selecciona a liña (con indicador luminoso: en uso ou chamada entrante).
  • Mans libres:

    • Activa o altofalante de mans libres (con indicador luminoso de actividade).

Teclas de memoria


  • Teclas programables:

    • As teclas 5 a 8 están preprogramadas coas funcións para gravar, borrar e acceder á axenda persoal e aos servizos comúns como a listaxe de chamadas.

Teclas de volume


  • Volume:

    • Axusta o volume do altofalante en auricular, mans libres ou timbre de chamada.
  • Mute:

    • Silencia o micrófono do auricular ou do mans libres (o interlocutor non escoita o que se fala).

Teclas de chamada


  • Retención:

    • Retén a chamada en curso deixándoa coa música en espera. Retómase coa tecla de liña.
  • Rechamada:

    • Accede á listaxe das últimas 100 chamadas realizadas. Pulsando 2 veces inicia a última.
  • Cancelar:

    • Colga a chamada e sae ao menú de inicio.

Transferencia


  • Directa:

    • Transfire unha chamada en conversación a un terceiro interlocutor sen consulta:
  • Con consulta:

    • Transfire unha chamada en conversación a un terceiro interlocutor consultando a súa dispoñibilidade:

Conferencia a 3


  • Establece unha conferencia entre varios interlocutores, tras establecer unha
    conversación:

Desvío de chamada:


  • Inmediato

    • Opción 1. Desvía todas as chamadas recibidas nese número, programable desde o menú de opcións:
    • Opción 2. Desvía todas as chamadas recibidas nese número. Para iso, debemos marcar * 71 + nº ao que desviamos a chamada (engadindo o número 0 diante se o teléfono é de fóra da universidade).

Para deshabilitar o desvío de chamada marcar * 72.

  • Se comunica

    • Desvía as chamadas se o interlocutor está ocupado e non ten activada a chamada en espera:

  • Se non contesta

    • Desvía as chamadas tras uns segundos, programable desde o menú de opcións:

  • Desactivar

    • Desactiva calquera desvío programado no terminal, programable desde o menú de opcións:

Capturar unha chamada dentro do teu grupo de captura: *8


Os teléfonos do Campus do Mar están configurados para que só poidan capturar chamadas dos teléfonos que forman parte da oficina. Para realizar a captura dunha chamada, haberá que descolgar o teléfono e pulsar *8.

Axenda persoal:


Para introducir novos rexistros na axenda persoal:

  1. Pulse a tecla de axenda
  2. Presione a tecla para gardar 
  3. Introduza o número e o nome co teclado numérico:
    • Se necesita cancelar ou modificar o número pulse a tecla de dirección
    • Para introducir un espazo en branco, pulse a tecla de dirección
  4. Para gravar, pulse a tecla gravar . Se desexa saír sen gravar pulse a tecla ou desde a lista
    de chamadas pulsando a tecla gravar e seleccionando a axenda persoal.
Idioma: Español | Inglés
Page Index

Site Index

Skip to end of metadata
Go to start of metadata