
A continuación, describirase como realizar operacións básicas con arquivos desde esta plataforma. Subida de arquivosNa parte superior do panel principal existe unha opción que permite engadir ficheiros "+" Pulsando en "Enviar", abrirase o xestor de arquivos do ordenador e poderemos engadir calquera arquivo buscándoo no noso equipo Eliminación de arquivosÁ dereita de cada cartafol ou arquivo da plataforma veremos un icono de opcións (tres puntos), ao pulsalo abrirase un despregable onde atoparemos a opción "Eliminar" que será a utilizada para borrar o ficheiro ou cartafol desexado Esta operación provocará que os ficheiros pasen da súa ubicación actual á papeleira de reciclaxe. Para que os ficheiros desaparezan totalmente da aplicación deben ser eliminados da Papeleira de Reciclaxe. Para iso, pulsando en "Arquivos eliminados" no panel da esquerda accederemos á papeleira, seleccionaremos o ficheiro desexado e executaremos a orde de eliminar. Outra opción para eliminar os ficheiros consiste en pulsar sobre a icona do cartafol ou ficheiro que se desexa borrar, ademais de seleccionar o ficheiro aparecerá nas opcións da barra superior un botón de "Eliminar" para o arquivo ou arquivos seleccionados. Con este método pódense seleccionar varios ficheiros simultáneamente e borralos na opción eliminar que apareceu sobre os arquivos. Do mesmo xeito que no método anterior os arquivos non se eliminarían directamente senón que se moverían á papeleira de reciclaxe. Mover arquivosMover ficheiros ou cartafoles é moi sinxelo, faise mediante "Drag & Drop", basta con pulsar sobre o ficheiro que desexamos mover e arrastralo ao cartafol no que desexamos que estea. Compartir arquivosExisten dúas opcións para compartir arquivos: compartilos directamente con outro usuario ou grupo ou compartir un enlace público ou privado. Para activar calquera das dúas opcións basta con pulsar a icona de compartir do ficheiro ou cartafol, pulsar na icona de opcións do ficheiro e seleccionar "Detalles" ou pulsar sobre a icona do ficheiro. Con calquera destas tres opcións abrirásenos un despregable no lateral esquerdo con información sobre o arquivo Nesta ventá podemos seleccionar como compartir o arquivo. Para compartir cun usuario ou grupo, basta con seleccionar a opción "Usuarios e grupos" e escribir o nome do usuario ou grupo co que queremos compartilo, a plataforma presentaranos os nomes de todos os usuarios que coincidan con devandito nome e poderemos seleccionalo para compartir. Unha vez seleccionado, o arquivo compartirase e poderemos editar os permisos que terán sobre o mesmo os usuarios cos que o compartimos. Se queremos compartir mediante enlace, basta con seleccionar a opción "Enlaces públicos" e pulsar en "Crear un link público" para que nos abra unha ventá onde poderemos fixar os permisos do enlace e se se desexa un contrasinal ou unha data de caducidade para o mesmo. Outras opciónsA plataforma ademais de subir e compartir ficheiros tamén nos permite crealos directamente. Para crear un ficheiro basta con pulsar na opción "+" que nos permite subir arquivos. Podemos ver que ademais da opción de subir aparécennos outras opcións: Cartafol, Arquivo de texto,... Ao pulsar en calquera desas opcións primeiro o nome converterase nun campo de texto editable para nomear o novo ficheiro e logo abrirase noutra ventá un editor que nos permitirá crear o contido do arquivo |
Idioma: Español | InglésSite searchPage IndexSite Index |