
A interface de usuario consta de dous partes. Panel superiorNo panel superior podemos seleccionar as diferentes opcións a mostrar no panel principal e realizar procuras sobre o contido de MyFiles Pulsando sobre o icono de opcións á dereita da barra temos un desplegable onde podemos seleccionar a vista de arquivos, a vista de actividade ou a galería. Aínda que detallaremos as opcións destas vistas no seguinte apartado (Panel Principal) podemos resumir :
O icono do buscador que nos atopamos na barra superior dereita só aparece na vista de arquivos e ao pulsarlo permite realizar procuras dentro do directorio no que esteamos. Para rematar, pulsando sobre o nome de usuario ábrese outro desplegable que nos permite acceder ás opcións de configuración da plataforma, a axuda online ou desloguearse. Panel principalO panel principal é a zona da interfaz onde podemos realizar todas as operacións desexadas. Como vimos anteriormente, no panel superior podemos seleccionar diferentes vistas de traballo para este panel principal. Detallaremos agora que funcionalidades ten cada vista..
Esta é a vista principal de traballo e a que aparece por defecto ao conectarse á plataforma Aquí poderemos ver o listado de ficheiros do directorio actual e seleccionalos para realizar operacións sobre eles como movelos, descargalos, compartilos, eliminalos, subir novos ficheiros, ... Detallarase máis adiante o funcionamento destas operacións. Ademais pódese seleccionar o contido mostrado no listado de ficheiros utilizando as diferentes opcións do menú lateral: favoritos, arquivos compartidos, buscar ficheiros por etiquetas e arquivos borrados. Tamén nos permitirá consultar os datos de WebDAV desde a opción de axustes.
Nesta vista podemos atopar unha liña de tempo coas últimas operacións realizadas na plataforma. O menu lateral permitiranos acoutar máis as operacións utilizando os diferentes filtros mostrados podendo seleccionar si queremos ver só a nosa actividade, a de favoritos, a dos arquivos compartidos,,...
Con esta vista podemos administrar as imaxes subidas á plataforma coma se esta fose únicamente un xestor de imaxes. Ao seleccionar esta vista móstranllenos vistas previas todos os ficheiros de imaxes presentes na plataforma nos seus diferentes directorios ignorando o resto de contido da plataforma. Nesta vista, as únicas opcións dispoñibles son subir imaxes, organizalas alfabéticamente ou por data de subida e ao pulsar sobre a imaxe ábrese unha vista previa da mesma onde se pode descargar ou eliminar.
Esta vista permítenos configurar as diferentes opcións da nosa conta, por exemplo o idioma no que queremos ver a plataforma cando accedemos, foto de perfil ou as notificaciones que queremos que a plataforma envíenos ao correo. Ademais nesta mesma sección poderemos saber en todo momento, cal é o uso que se está facendo do espazo en disco asignado o usuario ou grupo. |
Idioma: Español | InglésSite searchPage IndexSite Index |