Loading sub-menu...

2. Operacións básicas con arquivos

Skip to end of metadata
Go to start of metadata
You are viewing an old version of this page. View the current version. Compare with Current  |   View Page History

A continuación, describirase como realizar operacións básicas con arquivos desde esta plataforma.

Subida de arquivos


Na parte superior do panel principal, existe  unha opción que permite engadir ficheiros: "Upload" ou "Subir".

Poderemos engadir calquera arquivo, obténdoo desde un servidor remoto ou buscándoo no noso equipo.

O tamaño máximo de arquivo que se pode subir mediante este procedemento é de 1.95Gb.

Eliminación de arquivos


Na parte superior do panel principal, atoparemos a opción "Suprimir" ou "Delete", que serve para eliminar os ficheiros desexados.

Para iso, seleccionaremos o arquivo a eliminar e, a continuación, actívase a opción "Suprimir". Esta operación provocará que os ficheiros pasen do lugar no que se atopan á papeleira de reciclaxe (Trash).

Para que os ficheiros desaparezan totalmente da aplicación, deben eliminarse   da Papeleira de Reciclaxe. Para iso,  a través do panel da esquerda, accederemos á papeleira, seleccionaremos o ficheiro desexado e executaremos a orden de eliminar.

Mover ou copiar


Situámonos no ficheiro desexado e no panel superior accionamos a tecla correspondente de acordo coa operación que desexemos realizar, "Copy" ou "Move".

A continuación, amosarase a árbore de directorios para escoller o lugar ao que queremos mover ou copiar o ficheiro.

Renomear


A opción "Rename" permite cambiar o nome dun ficheiro. Para iso, seleccionaremos o ficheiro desexado e activaremos a opción "Rename".

O nome do ficheiro farase "editable" para poder escribir o novo.

Saberemos que o cambio de nome se realizou correctamente por dúas razóns: porque a aplicación nos informará do cambio realizado e porque na pantalla aparecerá o ficheiro co novo nome.


Idioma: Español | Inglés
Site search

Page Index

Site Index
Labels:
None
Enter labels to add to this page:
Please wait 
Looking for a label? Just start typing.