
A interface de usuario consta de tres partes. Listaxe de ficheirosO panel principal é a listaxe de ficheiros que se atopa no panel dereito. Aquí poderemos ver a listaxe de ficheiros do directorio actual e seleccionalos para realizar operacións sobre eles, como movelos, descargalos, compartilos, eliminalos, subir novos ficheiros, etc. Máis adiante detallarase o funcionamento destas operacións. Panel esquerdo de informaciónEste panel pódese ocultar ou amosar pulsando o botón Left Pane da barra de ferramentas: No panel esquerdo poderemos navegar polas carpetas que forman parte do repositorio: E ver información sobre o ficheiro seleccionado no panel central, como previsualización e metadatos para tipos de ficheiro soportados, permisos que temos sobre o ficheiro e quen é o seu dono, que tipo de ficheiro é e cando se modificou por última vez: Nesta mesma sección, poderemos saber en todo momento cal é o uso que se está facendo do espazo en disco asignado a este usuario ou grupo, se é o caso. Se o usuario non ten límite de espazo, non se amosará nada: Tamén nos permitirá realizar determinadas accións sobre o ficheiro, como descargalo, cambiar os seus permisos ou compartilo. Panel superiorNo panel superior ou barra de ferramentas, teremos dispoñibles as accións que podemos realizar para o elemento activo. Estas accións variarán dependendo do elemento que teñamos seleccionado (unha carpeta, un ou varios ficheiros, a papeleira, etc.): Normalmente, as accións que están dispoñibles nesta barra de ferramentas tamén as atoparemos no menú contextual facendo clic co botón dereito no elemento axeitado: Nesta barra poderemos seleccionar o repositorio ao que queremos acceder se se dá o caso de que temos acceso a varios (por exemplo, se pertencemos a un ou máis grupos): Á dereita desta barra, podemos ver con que usuario accedemos e ao facer clic despregarase o menú de usuario: Neste menú pódese cambiar o idioma de usuario, cerrar sesión, cambiar o contrasinal e consultar os datos de WebDAV. |
Idioma: Español | InglésSite searchPage IndexSite Index |