Loading sub-menu...

3. Iniciar cámara y voz

compared with
Current by Sara Méndez Salvador
on Jul 07, 2014 12:54.

Key
This line was removed.
This word was removed. This word was added.
This line was added.

Changes (10)

View Page History

Para intervir, pode solicitar turno de palabra pulsando a icona do moneco coa man levantada que se atopa na parte superior da xanela. Se desprega o menú coa frecha ó lado desa icona, pode cambiar o seu _Status_ ou mostrar a súa opinión sobre a reunión ou algún tema que se estea a debater.

!20.png|align=center,thumbnail,border=1!

Se o anfitrión lle da permiso de vídeo, na barra superior aparecerá a icona dunha cámara e na xanela de vídeo aparecerá a mensaxe: _Start My Webcam_.

!video.png|align=center,thumbnail,border=1!

Para activar o vídeo faga clic no botón _Start My Webcam_ o na icona da cámara situada na zona superior da xanela.

!13.png|align=center,thumbnail,border=1!

Pediralle confirmación  para compartir a imaxe do seu equipo (se non lla pediu previamente o Asistente de audio) e amosaralle unha vista previa. Cando teña axustado o seu gusto a imaxe debe darlle a _Start Sharing_ para compartila co resto de participantes.

!15.png|align=center,thumbnail,border=1!


Se o anfitrión activa o audio aparecerá unha icona dun micrófono na barra superior, o símbolo dun micrófono ó lado do seu nome na lista de participantes e a seguinte mensaxe:

!permiso de voz.png|align=center,thumbnail,border=1!

!audio.png|align=center,thumbnail,border=1!

Para empezar a falar co resto de participantes debe conectar o audio pulsando o símbolo do micrófono que se atopa na parte superior da xanela, cambiando a cor verde.

!16.png|align=center,thumbnail,border=1!

Se o micrófono capta sinal correctamente amosará unhas ondas na icona superior e tamén activarase a icona do micrófono na lista de participantes a carón do noso usuario.

!ondas.png|align=center,thumbnail,border=1!

Se volvemos pulsar sobre a icona do micrófono, este desactivarase e a icona pasará a estar tachada. Para volver activalo, simplemente volveremos a premer na mesma icona.

!18.png|align=center,thumbnail,border=1!

Se desprega as opcións mediante a frecha situada xunto o micrófono pode seleccionar _Adjust Microphone Volume…_ Ahi amosaráselle un indicador en forma de vúmetro co nivel de son e pode subilo ou baixalo. Se o vúmetro non amosara sinal comprobe que o micrófono está ben seleccionado e que funciona correctamente.

!19.png|align=center,thumbnail,border=1!
----