
**** Aquí aparecen dous tipos de URL: Presenter Access, que permite entrar a todo tipo de usuarios(externos e internos a DixiMar) con privilexios de presentador, e Limited Access que ofrece privilexios limitados, xa que os usuarios accederán ao eMeeting como participantes.
**** Esta sala non é accesible desde a URL: {nolink:http://emeetings.campusdomar.es/room/}"nome do eMeeting", a diferenza dos eMeeting públicos.
**** As URLs dispoñibles nos eMeetings privados poden rexenerarse tantas veces como sexa necesario. Isto dános a opción de impedir que usuarios invitados por medio destas URLs poidan entrar no eMeeting coa URL antiga. Débense enviar as novas URLs xeradas a todos os participantes, mesmo aos que invitaramos antes coas URLs antigas, xa que estas se eliminarán totalmetne do sistema. Esta opción non é reversible, polo tanto, non poderá volver restaurar as URLs antigas en ningún caso desde o momento no que acepte a acción de xerar as novas URLs.
** h4. Iconas nos enlaces:
*** A carón dos enlaces, aparecen varias iconas que nos permiten realizar accións sobre os eMeetings.
*** h6. Icona de nova URL de acceso ao eMeeting:
!miniatura_reload.png!
**** Con esta icona, poderemos xerar unha nova URL de acceso ao eMeeting. Esta icona actúa de forma individual para cada URL, é dicir, se cambiamos a URL de presenter access, non cambiaremos a URL de limited access.
*** h6. Icona para invitar usuarios externos:
!miniatura_letter.png!
**** Ao facer clic nesta icona, despregarase unha ventá cun texto que poderemos enviar vía mail desde a nosa conta habitual. Este texto contén instrucións para que calquera usuario poida acceder ao eMeeting. !TextoToInvite.png|width=498,height=271!
*** h6. Icona de axuda:
!miniatura_question.png!
**** Se pasamos o rato sobre esta icona, aparecerá unha ventá sobreimpresionada en pantalla que nos dará unhas breves instrucións sobre como usar a funcionalidade máis próxima á icona.
** h4. eMeeting máxico:
*** Os administradores poderán dar privilexios a certas salas para que, no caso de ser necesario, fagan uso dunha colección de salas dispoñibles exclusivamente para dar servizo a estes eMeetings máxicos. Desta forma, os eMeetings máxicos sempre terán dispoñible unha sala aínda que o servizo estea saturado.
!eMeetingPrivadomagico.png|width=547,height=349!
** h4. Botón + Invite Partners
*** Este botón que aparece a continuación das URLs anteriores permítenos, a partir dunha lista despregable, seleccionar usuarios de DixiMar para invitalos ao noso eMeeting.
!InvitePartners.png|width=547,height=507!
* h4. Botóns laterais dereitos:
** Amosan información e as opcións dispoñibles para cada eMeeting. Os botóns que aparecen desactivados alértannos de que o eMeeting non nos pertence, o cal indica que esas opcións só as poderá realizar o propietario do eMeeting.
!botonera lateral.jpg|width=210,height=266!
** h6. Enabled/Disabled:
*** Dános a posibilidade de desactivar o eMeeting sen borralo, de forma que ningún usuario poderá entrar no eMeeting desde ningunha URL dispoñible, nin desde a súa conta de usuario.
!EnabledDisabled.png|width=550,height=512!
** h6. Delete:
*** Poderemos eliminar o eMeeting e as súas posibles gravacións almacenaranse. Teremos a opción de visualizar as gravacións desde o botón All Recordings.
** h6. Recordings:
*** Despregarase unha ventá que nos permitirá acceder ás gravacións terminadas do eMeeting.
!GrabacioneseMeeting.png|width=545,height=441!
*** A URL da parte superior da ventá emerxente pertence á lista de gravacións. As persoas que a reciban poderán ver as gravacións, que terán a cor asociada ao estado que describimos no seguinte punto. Se a gravación está bloqueada, non aparecerá na lista. Visualizarán unha lista como a que aparece a continuación:
!ListaRecrodings.png|width=543,height=308!
*** O creador do eMeeting pode bloquear estas gravacións (título en cor gris) ou privatizalas (título en cor vermella), para que os usuarios poidan acceder só ás non bloqueadas (título en cor verde) ou necesiten introducir o seu usuario e contrasinal para acceder ás gravacións privadas. Poderemos editar o título de cada gravación co botón que aparece coa icona do lapis e, á súa dereita, aparecen os botóns para alternar entre os estados que acabamos de explicar. Alén diso, a URL para acceder a cada gravación só lles aparecerá aos usuarios non donos da reunión se o estado desa gravación é público.
!Recordgins_new.png|width=539,height=431!
** h6. Change Nick Name:
*** Ofrece a posibilidade de cambiar o nome co que apareceremos no eMeeting.
* h4. Información sobre o eMeeting:
** Xunto cos botóns, aparece información básica sobre o eMeeting: data de creación e tipo de eMeeting (público ou privado). Tamén aparece o número de participantes pertencentes a DixiMar que terán acceso ao eMeeting.
!eMeeting_information.jpg|border=1,width=270,height=84! !eMeeting_information_Admin.png|border=1,width=270,height=84!
* h4. Botóns superiores:
** Proporcionan acceso a elementos do noso usuario.
!botoneraSuperior.png|width=588,height=119!
** h6. All Recordings:
*** Desde a ventá que se abre poderemos acceder ao historial de todos os nosos eMeetings e gravacións. Esta lista está ordenada por data de creación descendente e poderemos acceder aos eMeetings ordeanados por ano e mes no despregable situado arriba á esquerda na mesma ventá. Este despregable ofrécenos información do número de eMeetings e gravacións dispoñibles para cada mes para acceder axilmente aos meses de maior actividade.
!allRecordings.png|width=551,height=534!
** h6. Adobe Connect Test:
*** A ventá que se desprega executa un test de conexión sobre o servidor de Adobe Connect do Campus do Mar. Desta forma, poderemos comprobar de forma rápida e sinxela se está dispoñible o servizo de multivideoconferencia.
!TestADO.png|width=560,height=522!
** h6. eMeeting Help:
*** Envíanos directamente a esta axuda.
** h6. Change Password:
*** Cambia o contrasinal de acceso á apliación eMeeting.
h3. Screencast sobre eMeeting
----
Aquí poderemos visualizar un exemplo práctico para crear o noso eMeeting e xestionar as opcións da aplicación.
{column}
{column:width=2%}
{column}
{column:width:27%}
h5. Idioma: [Español|help:eMeeting - help] \| [Inglés|ENCMAR:eMeeting - help]
h5. Page Index
{toc:minLevel=2|maxLevel=4}
----
h5. Site Index
{pagetree}
{column}
{section}