Loading sub-menu...

3. Iniciar cámara y voz

compared with
Key
This line was removed.
This word was removed. This word was added.
This line was added.

Changes (9)

View Page History

Para intervir, pode solicitar turno de palabra pulsando a icona do moneco coa man levantada que se atopa na parte superior da xanela. Se desprega o menú coa frecha ó lado desa icona, pode cambiar o seu _Status_ ou mostrar a súa opinión sobre a reunión ou algún tema que se estea a debater.
!20.jpg|align=center,thumbnail,border=1! !20.png|align=center,thumbnail,border=1!

Se o anfitrión lle da permiso de vídeo, na barra superior aparecerá a icona dunha cámara e na xanela de vídeo aparecerá a mensaxe: _Start My Webcam_.
!video.jpg|align=center,thumbnail,border=1! !video.png|align=center,thumbnail,border=1!

Para activar o vídeo faga clic no botón _Start My Webcam_ o na icona da cámara situada na zona superior da xanela.
!13.jpg|align=center,thumbnail,border=1! !13.png|align=center,thumbnail,border=1!

Pediralle confirmación  para compartir a imaxe do seu equipo (se non lla pediu previamente o Asistente de audio) e amosaralle unha vista previa. Cando teña axustado o seu gusto a imaxe debe darlle a _Start Sharing_ para compartila co resto de participantes.
!15.jpg|align=center,thumbnail,border=1! !15.png|align=center,thumbnail,border=1!

A continuación aparecerá a imaxe da sua cámara xunto coas imaxes do resto de participantes (se xa as activaron).
Se o anfitrión activa o audio aparecerá unha icona dun micrófono na barra superior, o símbolo dun micrófono ó lado do seu nome na lista de participantes e a seguinte mensaxe:
!permiso voz.jpg|align=center,thumbnail,border=1!
!audio.jpg|align=center,thumbnail,border=1! !audio.png|align=center,thumbnail,border=1!

Para empezar a falar co resto de participantes debe conectar o audio pulsando o símbolo do micrófono que se atopa na parte superior da xanela, cambiando a cor verde.
!16.jpg|align=center,thumbnail,border=1! !16.png|align=center,thumbnail,border=1!

Se o micrófono capta sinal correctamente amosará unhas ondas na icona superior e tamén activarase a icona do micrófono na lista de participantes a carón do noso usuario.
!ondas.jpg|align=center,thumbnail,border=1! !ondas.png|align=center,thumbnail,border=1!

Se volvemos pulsar sobre a icona do micrófono, este desactivarase e a icona pasará a estar tachada. Para volver activalo, simplemente volveremos a premer na mesma icona.
!18.jpg|align=center,thumbnail,border=1! !18.png|align=center,thumbnail,border=1!

Se desprega as opcións mediante a frecha situada xunto o micrófono pode seleccionar _Adjust Microphone Volume…_ Ahi amosaráselle un indicador en forma de vúmetro co nivel de son e pode subilo ou baixalo. Si o vúmetro non amosara sinal comprobe que o micrófono está ben seleccionado e que funciona correctamente.
!19.jpg|align=center,thumbnail,border=1! !19.png|align=center,thumbnail,border=1!
----
{column}