|
Key
This line was removed.
This word was removed. This word was added.
This line was added.
|
Changes (1)
View Page History
A continuación marque a opción entrar como invitado (_Enter as a Guest_), escriba o seu nome no espazo dispoñible e prema entrar na sala. Se dispón dunha conta de DigiMar pode acceder a través da segunda opción.
A primeira vez que inicie sesión nun equipo pode pedirlle que instale ou acepte un plug-in para o seu correcto funcionamento. Prema en instalar e siga os pasos. Cando finalice a instalación, a páxina recargarase automaticamente. De non ser así, pódea recargar manualmente.
A instalación deste plug-in tamén pode solicitarse durante a videoconferencia cando realice determinadas opcións como o Asistente para a configuración de audio (_Audio Setup Wizard_) ou compartir co resto de participantes a pantalla do seu PC. Os pasos a realizar serían os mesmos que se explicaron no parágrafo anterior.
