Loading sub-menu...

eMeeting - help

Que é eMeeting?


O servizo eMeeting do Campus Dixital do Mar é unha aplicación Web que ofrece un servizo de multivideoconferencia dunha forma sinxela co máximo número de opcións dispoñibles.

Con este fin, diseñouse unha interface agradable e moi intuitiva que pretende que calquera tipo de usuario poida utilizar a aplicación desde o primeiro momento. 

Termos básicos


  • Conceptos xerais:

    • Que é un "eMeeting"? Chámase "eMeeting" ás salas de multivideoconferencia que cada usuario creará para albergar as súas reunións.
    • Que é unha "Description"? Chámase "Description" aos comentarios que cada usuario anfitrión apunta sobre cada eMeeting creado. Moi útil para describir o contido que albergará o eMeeting.
    • Que é un "Nick Name"? O "Nick Name" é o nome alternativo que cada usuario pode amosar para cada eMeeting.
    • Que é "Permission"? O campo "Permission" regula os permisos que se lle dan a cada eMeeting. Poderemos elexir público, compartido ou privado. Ofrécenos diferentes formas de acceder ao eMeeting. Máis detalles no apartado eMeeting público e eMeeting privado.
  • Sobre persoas: 

    • Que é un "anfitrión"? Chámase "anfitrión" ao creador do eMeeting. O anfitrión posee privilexios sobre a sala que non posee ningún outro usuario sobre o eMeeting creado, como gravar a reunión, borrala ou deshabilitala temporalmente.
    • Que é un "presentador"? Chámase "presentador" ao usuario con privilexios para falar e participar na reunión. Este usuario non poderá eliminar, gravar ou deshabilitar os eMeetings.
    • Que é un "participante"? Chámase "participante" ao usuario co menor nivel de privilexios sobre os eMeetings. Este usuario non poderá gravar o eMeeting nin participar nel, unicamente poderá visualizar os presentadores e anfitrións dos eMeetings.

Como usar eMeeting


  • Entrar: 

    • Desde a plataforma DixiMar(Campus do Mar Dixital) no apartado WebConference Service ou tecleando no navegador http://emeeting.campusdomar.es/, teremos acceso ao formulario de login da aplicación, que nos pedirá o noso email e contrasinal. 
  • Inicio: 

    • A continuación, amósase unha imaxe da ventá de inicio da aplicación, na que se indica onde se atopa o botón para crear un eMeeting.
    • Para crear un novo eMeeting, pulsamos o botón + eMeetings situado arriba á dereita da nosa pantalla e despregarase un formulario cos campos que se deben cubrir para o novo eMeeting: título e Nick Name de usuario, opción de público, compartido ou privado e unha descrición opcional. A continuación, prememos o botón Create. 
  • Lista de eMeetings: 

    • Os eMeetings creados ou aqueles aos que nos inviten, aparecerán listados na nosa páxina inicial de usuario. Poderemos ver o título, a descrición e diferentes URLs para invitar a máis usuarios dependendo de se o eMeeting é público, compartido ou privado.
    • O botón + Invite DigiMar Partners permítenos invitar ao noso eMeeting a usuarios pertencentes á base de datos de DixiMar.
    • Clicando no botón Join situado á dereita do título do eMeeting, poderemos acceder ao eMeeting e comezar a multivideconferencia. 
  • Links para invitar usuarios aos eMeetings: 

    • A opción pública, compartida ou privada para os eMeetings proporciónanos diferentes URLs con diferentes privilexios para os usuarios que desexemos invitar aos nosos eMeetings. 
      • eMeeting público:
        • Os usuarios invitados desde a URL deste tipo de eMeeting terán privilexios de presentador unha vez haxa un anfitrión presente na sala. Calquera usuario externo a DixiMar ten acceso ao eMeeting, pois é accesible desde unha sinxela URL: http://emeetings.campusdomar.es/room/"nome do noso eMeeting".
      • eMeeting privado: 
        • Aquí aparecen dous tipos de URL: Presenter Access, que permite entrar a todo tipo de usuarios(externos e internos a DixiMar) con privilexios de presentador, e Limited Access que ofrece privilexios limitados, xa que os usuarios accederán ao eMeeting como participantes.
        • Esta sala non é accesible desde a URL: http://emeetings.campusdomar.es/room/"nome do eMeeting", a diferenza dos eMeeting públicos.
        • As URLs dispoñibles nos eMeetings privados poden rexenerarse tantas veces como sexa necesario. Isto dános a opción de impedir que usuarios invitados por medio destas URLs poidan entrar no eMeeting coa URL antiga. Débense enviar as novas URLs xeradas a todos os participantes, mesmo aos que invitaramos antes coas URLs antigas, xa que estas se eliminarán totalmetne do sistema. Esta opción non é reversible, polo tanto, non poderá volver restaurar as URLs antigas en ningún caso desde o momento no que acepte a acción de xerar as novas URLs.
      • eMeeting compartido:
        • Os usuarios convidados desde a URL deste tipo de eMeeting terán privilexios de presentador nada máis entrar na sala, independentemente de que este presente algún anfitrión na sala. Deste xeito poderán compartir pantalla e micrófono sen necesidade de esperar á chegada dun anfitrión.
    • Iconas nos enlaces:

      • A carón dos enlaces, aparecen varias iconas que nos permiten realizar accións sobre os eMeetings.
      • Icona de nova URL de acceso ao eMeeting:

        • Con esta icona, poderemos xerar unha nova URL de acceso ao eMeeting. Esta icona actúa de forma individual para cada URL, é dicir, se cambiamos a URL de presenter access, non cambiaremos a URL de limited access.
      • Icona para invitar usuarios externos:

        • Ao facer clic nesta icona, despregarase unha ventá cun texto que poderemos enviar vía mail desde a nosa conta habitual. Este texto contén instrucións para que calquera usuario poida acceder ao eMeeting.
      • Icona de axuda:

        • Se pasamos o rato sobre esta icona, aparecerá unha ventá sobreimpresionada en pantalla que nos dará unhas breves instrucións sobre como usar a funcionalidade máis próxima á icona.
    • eMeeting máxico: 

      • Os administradores poderán dar privilexios a certas salas para que, no caso de ser necesario, fagan uso dunha colección de salas dispoñibles exclusivamente para dar servizo a estes eMeetings máxicos. Desta forma, os eMeetings máxicos sempre terán dispoñible unha sala aínda que o servizo estea saturado.
    • Botón + Invite Partners

      • Este botón que aparece a continuación das URLs anteriores permítenos, a partir dunha lista despregable, seleccionar usuarios de DixiMar para invitalos ao noso eMeeting. 
  • Botóns laterais dereitos: 

    • Amosan información e as opcións dispoñibles para cada eMeeting. Os botóns que aparecen desactivados alértannos de que o eMeeting non nos pertence, o cal indica que esas opcións só as poderá realizar o propietario do eMeeting.
    • Enabled/Disabled: 
      • Dános a posibilidade de desactivar o eMeeting sen borralo, de forma que ningún usuario poderá entrar no eMeeting desde ningunha URL dispoñible, nin desde a súa conta de usuario.
    • Delete: 
      • Poderemos eliminar o eMeeting e as súas posibles gravacións almacenaranse. Teremos a opción de visualizar as gravacións desde o botón All Recordings.
    • Recordings: 
      • Despregarase unha ventá que nos permitirá acceder ás gravacións terminadas do eMeeting.
      • A URL da parte superior da ventá emerxente pertence á lista de gravacións. As persoas que a reciban poderán ver as gravacións, que terán a cor asociada ao estado que describimos no seguinte punto. Se a gravación está bloqueada, non aparecerá na lista. Visualizarán unha lista como a que aparece a continuación:
      • O creador do eMeeting pode bloquear estas gravacións (título en cor gris) ou privatizalas (título en cor vermella), para que os usuarios poidan acceder só ás non bloqueadas (título en cor verde) ou necesiten introducir o seu usuario e contrasinal para acceder ás gravacións privadas. Poderemos editar o título de cada gravación co botón que aparece coa icona do lapis e, á súa dereita, aparecen os botóns para alternar entre os estados que acabamos de explicar. Alén diso, a URL para acceder a cada gravación só lles aparecerá aos usuarios non donos da reunión se o estado desa gravación é público.
    • Change Nick Name: 
      • Ofrece a posibilidade de cambiar o nome co que apareceremos no eMeeting.
  • Información sobre o eMeeting: 

    • Xunto cos botóns, aparece información básica sobre o eMeeting: data de creación e tipo de eMeeting (público, compartido ou privado). Tamén aparece o número de participantes pertencentes a DixiMar que terán acceso ao eMeeting.
        
  • Botóns superiores: 

    • Proporcionan acceso a elementos do noso usuario.
    • All Recordings: 
      • Desde a ventá que se abre poderemos acceder ao historial de todos os nosos eMeetings e gravacións. Esta lista está ordenada por data de creación descendente e poderemos acceder aos eMeetings ordeanados por ano e mes no despregable situado arriba á esquerda na mesma ventá. Este despregable ofrécenos información do número de eMeetings e gravacións dispoñibles para cada mes para acceder axilmente aos meses de maior actividade.
    • Adobe Connect Test: 
      • A ventá que se desprega executa un test de conexión sobre o servidor de Adobe Connect do Campus do Mar. Desta forma, poderemos comprobar de forma rápida e sinxela se está dispoñible o servizo de multivideoconferencia.
    • eMeeting Help: 
      • Envíanos directamente a esta axuda.
    • Change Password: 
      • Cambia o contrasinal de acceso á apliación eMeeting.

Screencast sobre eMeeting


Aquí poderemos visualizar un exemplo práctico para crear o noso eMeeting e xestionar as opcións da aplicación.

Idioma: Español | Inglés
Page Index

Site Index

Skip to end of metadata
Go to start of metadata