Asegúrese de que a conexión a Internet é correcta.
Comprobe que la URL de la sala es la correcta.
No caso de acceder co seu nome de usuario, asegúrese de que os datos son correctos (o login debe incluír @campusdomar.es). Pode intentar acceder como convidado para comprobar que a aplicación funcione correctamente.
Deshabilite o bloqueo de xanelas emerxentes nas opcións do navegador.
Borre a caché do navegador.
Peche tódalas xanelas do navegador e reábralo antes de intentar a reconexión coa reunión.
Intente realizar a conexión dende outro ordenador.
Non recibo o audio da sala:
Asegúrese de realizar o Asistente para configuración de audio na opción Reunión. En caso de non recibir audio durante a configuración do asistente, comprobar o dispositivo seleccionado e comprobar que o seu funcionamento é correcto.
Asegúrese de que está habilitado o audio (a icona do altofalante na parte superior debe estar en verde) e que o volume dos auriculares sexa axeitado. Hai algúns auriculares que dispoñen dun regulador do nivel de volume propio. É necesario asegurarnos que tamén está ó nivel correcto.
O resto de participantes non reciben o meu audio:
Se realizou o asistente de audio, asegúrese de activar o micrófono (a icona debe aparecer en verde). Debemos permitir o uso do dispositivo por parte da aplicación cando apareza a xanela emerxente correspondente.
Recibo o audio da sala con ecos:
O uso de altofalantes para ese tipo de aplicacións pode facer que se produzan ecos. É importante empregar auriculares. Aconsellase os que estean equipados con micrófono incorporado para garantir unha maior calidade do audio o resto dos participantes.
O resto de participantes non reciben a miña imaxe:
Asegurarse de activar tanto o micrófono (a icona debe aparecer en verde) como a cámara (a icona da cámara debe aparecer en verde. Nun primeiro momento a aplicación amosa unha vista previa da imaxe da cámara. É importante facer clic en iniciar uso compartido para que o resto de participantes poidan recibir a nosa imaxe).
En caso de que a imaxe non apareza cando iniciamos o uso compartido, é importante asegurarse de que os drivers da cámara están instalados e actualizados.
Non teño acceso ás iconas da cámara ou do micrófono:
Os usuarios con rol de participante non teñen acceso a compartir a súa cámara ou o seu audio por defecto. O anfitrión da reunión debe habilitar esa opción ós participantes que queira que participen activamente na sesión.
Non consigo compartir a miña pantalla:
No momento de iniciar a presentación, se é a primeira vez que empregamos ese PC para compartir documentos dende Adobe Connect, é necesario instalar o plug-in que nos indica a aplicación. A aplicación reiniciarase automaticamente cando finalice a instalación.
Cando compartimos a pantalla e traballamos coa opción de compartir unha aplicación, a aplicación debe estar maximizada, sen que ningunha outra xanela a cubra parcial ou totalmente, para que o resto de usuarios a poidan visualizar correctamente.
No teño acceso a compartir a miña pantalla:
Os usuarios con rol de participante non teñen acceso a compartir a súa cámara ou o seu audio por defecto. O anfitrión da reunión debe habilitar esa opción ós participantes que queira que participen activamente na sesión.
Deixei de oír a un dos participantes pero o resto segue a recibir o seu audio:
Debe reiniciar a aplicación.
Recibo a imaxe ou o audio con moi pouca calidade ou con pérdidas:
É posible que a conexión non sexa suficiente para a aplicación. Debemos asegurarnos de que traballamos con unha conexión non inalámbrica. En conexións domésticas é importante comprobar que non hai outros usuarios que poidan estar facendo un uso elevado da conexión ó mesmo tempo.s posible que la conexión no sea suficiente para la aplicación.
Ademais, o anfitrión debe asegurarse que nas opcións de ancho de banda da sala (Meeting -> Preferences -> Room Bandwidth) a opción marcada sexa DSL/Cable).
El ordenador va muy lento y la aplicación se ralentiza:
Aconsellase pechar tódolos programas que non sexan necesarios nese momento. Se aínda así, a aplicación se ralentiza de forma notoria, aconsellase saír da aplicación, reiniciar o equipo e volver a conectar.