Loading sub-menu...

7. En caso de problemas

Antes de preparar unha sesión a través de Adobe Connect é importante comprobar os requirimentos básicos tanto de software como de hardware para asegurarnos que o noso PC é adecuado para realizar a sesión. Pode comprobar os requirimentos mínimos a través da seguinte ligazón: http://www.adobe.com/products/adobeconnect/tech-specs.html

No caso de problemas de acceso debería comprobar o seguinte:

  • Asegurarse de que a conexión a Internet é correcta.
  • Comprobar que a URL da sala é a correcta.
  • Deshabilitar o bloqueo de xanelas emerxentes nas opcións do navegador.
  • Borrar a caché do navegador.
  • Intentar realizar a conexión dende outro ordenador.
  • Pechar todas as xanelas do navegador e reabrilo antes de reintentar a conexión coa la reunión.

Adobe Connect precisa dunha conexión axeitada para a conexión coa sala. Hai outros factores que poden afectar á conectividade, como poden ser firewalls ou proxys.

Existe un test de conexión que nos informa de se o ordenador dispón do necesario para realizar a conexión: http://na3cps.adobeconnect.com/common/help/en/support/meeting_test.htm

No caso de problemas durante a reunión:

  • Recomendase pechar cualquer programa que poida facer uso dos dispositivos de audio ou vídeo, como por exemplo outros programas de videoconferencia online (skype, webex, etc), xa que estes non poden ser utilizados por varias aplicacións simultaneamente.
  • Asegurarse de realizar o Asistente para configuración de audio Audio Setup Wizard (para máis información visite a sección 2. Configuración de audio). No caso de non recibir audio durante a configuración do asistente, comprobar o dispositivo seleccionado e comprobar que o seu funcionamento é correcto.
  • No caso de non recibir audio do resto de participantes, asegurarse de que o seu audio está habilitado (a icona do altofalante na parte superior debe estar en verde) e que o volume dos auriculares sexa o axeitado. Hai algúns auriculares que dispoñen dun regulador (en forma de roda, interruptor ou similar) do nivel de volume propio. É preciso asegurarnos que este tamén está axustado ó nivel correcto.
  • Asegurarse de activar tanto o micrófono (a icona debe aparecer en verde) como a cámara (a icona da cámara debe aparecer en verde. Nun primeiro momento a aplicación amosa unha vista previa da imaxe da cámara. É importante facer clic en iniciar uso compartido para que o resto de participantes poidan recibir a nosa imaxe). Para isto debemos permitir o uso de ambos dispositivos por parte da aplicación cando apareza a xanela emerxente correspondente.
  • En caso de que a imaxe non apareza cando iniciamos o uso compartido, é importante asegurarse de que os drivers da cámara están instalados e actualizados.
  • No momento de iniciar a presentación, se é a primeira vez que empregamos ese PC para compartir documentos dende Adobe Connect, é necesario instalar o plug-in que nos indica a aplicación. A aplicación reiniciarase automaticamente cando finalice a instalación.
  • Cando compartimos a pantalla e traballamos coa opción de compartir unha aplicación, a aplicación debe estar maximizada, sen que ningunha outra xanela a cubra parcial ou totalmente, para que o resto de usuarios a poidan visualizar correctamente.
  • Os usuarios con rol de participante non teñen acceso a compartir a súa cámara ou o seu audio por defecto. O anfitrión da reunión debe habilitar esa opción ós participantes que queira que participen activamente na sesión.
  • No caso de problemas con pérdida de calidade na imaxe ou no audio de algún ou varios participantes:
  • O anfitrión debe asegurarse que nas opcións de ancho de banda da sala (Meeting -> Preferences -> Room Bandwidth) a opción marcada sexa DSL/Cable).
  • Se algún usuario deixa de escoitar a algún dos participantes mentres o resto segue a recibir o seu audio, recomendamos reiniciar a aplicación.
  • Se algún usuario recibe a imaxe do resto de usuarios con moi pouca calidade, é posible que a conexión non sexa suficiente para a aplicación. Debemos asegurarnos de que traballamos con unha conexión non inalámbrica. En conexións domésticas é importante comprobar que non hai outros usuarios que poidan estar facendo un uso elevado da conexión ó mesmo tempo.
  • Se o usuario percibe que o ordenador responde lentamente durante a sesión de Adobe Connect, aconsellase pechar tódolos programas que non sexan necesarios nese momento. Se aínda así, a aplicación se ralentiza de forma notoria, aconsellase saír da aplicación, reiniciar o equipo e volver a conectar.
Idioma: Español | Inglés
Site search
Page Index

Site Index

Skip to end of metadata
Go to start of metadata