Loading sub-menu...

1. A interface de usuario

A interface de usuario consta de dous partes.

Panel superior


No panel superior podemos seleccionar as diferentes opcións a mostrar no panel principal e realizar procuras sobre o contido de MyFiles

Pulsando sobre o icono de opcións á dereita da barra temos un despregable onde podemos seleccionar a vista de arquivos, a vista de actividade ou a galería.

Aínda que detallaremos as opcións destas vistas no seguinte apartado (Panel Principal) podemos resumir :

  • A vista de arquivos permitiranos xestionar os ficheiros que temos subidos á plataforma
  • A vista de actividade permitiranos ver cal foi o uso dado á plataforma
  • A vista de galería permitiranos xestionar soamente as imaxes subidas á plataforma

A icona do buscador que nos atopamos na barra superior dereita só aparece na vista de arquivos e ao pulsalo permite realizar procuras dentro do directorio no que esteamos.

Para rematar, pulsando sobre o nome de usuario ábrese outro despregable que nos permite acceder ás opcións de configuración da plataforma, a axuda online ou desloguearse.

Panel principal


O panel principal é a zona da interface onde podemos realizar todas as operacións desexadas. Como vimos anteriormente, no panel superior podemos seleccionar diferentes vistas de traballo para este panel principal. Detallaremos agora que funcionalidades ten cada vista..

  • Vista de ficheiros

Esta é a vista principal de traballo e a que aparece por defecto ao conectarse á plataforma

Aquí poderemos ver o listado de ficheiros do directorio actual e seleccionalos para realizar operacións sobre eles como movelos, descargalos, compartilos, eliminalos, subir novos ficheiros, ...

Detallarase máis adiante o funcionamento destas operacións.

Ademais pódese seleccionar o contido mostrado no listado de ficheiros utilizando as diferentes opcións do menú lateral: favoritos, arquivos compartidos, buscar ficheiros por etiquetas e arquivos borrados.

Tamén nos permitirá consultar os datos de WebDAV desde a opción de axustes.

  • Vista de actividade

Nesta vista podemos atopar unha liña de tempo coas últimas operacións realizadas na plataforma.

O menú lateral permitiranos acoutar máis as operacións utilizando os diferentes filtros mostrados podendo seleccionar se queremos ver só a nosa actividade, a de favoritos, a dos arquivos compartidos,,...

  • Vista de galeria

Con esta vista podemos administrar as imaxes subidas á plataforma coma se esta fose únicamente un xestor de imaxes. Ao seleccionar esta vista móstransenos vistas previas de todos os ficheiros de imaxes presentes na plataforma nos seus diferentes directorios ignorando o resto de contido da plataforma.

Nesta vista, as únicas opcións dispoñibles son subir imaxes, organizalas alfabéticamente ou por data de subida e ao pulsar sobre a imaxe ábrese unha vista previa da mesma onde se pode descargar ou eliminar.

  • Vista de axustes

Esta vista permítenos configurar as diferentes opcións da nosa conta, por exemplo o idioma no que queremos ver a plataforma cando accedemos, foto de perfil ou as notificacións que queremos que a plataforma nos envíe ao correo.

Ademais nesta mesma sección poderemos saber en todo momento, cal é o uso que se está facendo do espazo en disco asignado o usuario ou grupo.


Idioma: Español | Inglés
Site search

Page Index

Site Index

Skip to end of metadata
Go to start of metadata